Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora na organización da Noite Aberta


# Xoves, 09/12/2010


Imaxe Asociada
Un cento de comercios e establecementos de hostalería participan na iniciativa que terá lugar mañá de 20.00 a 24.00 horas e na que se anuncian todo tipo de sorpresas para que Lugo viva unha noite distinta nesta campaña do Nadal

A Concello de Lugo colabora na organización da Noite Aberta de Lugo, unha iniciativa prevista para mañá, que organiza a Asociación de Autónomas coa participación de numerosas entidades. Ademais do Concello a Noite Aberta de Lugo conta co apoio da Deputación, a Fundación TIC, a Federación de Comercio, El Progreso e a Escola Ramón Falcón.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, gabou esta iniciativa, prevista para mañá, venres día 10, que pretende “potenciar o comercio local e animar ós lucenses a acudir ó comercio de Lugo nestas vísperas do Nadal”.

Rielo anunciou que o Concello apoia esta iniciativa cunha programación que supón trasladar a comercios e rúas actuacións e obradoiros que habitualmente se celebran na Casa da Música dentro do programa Movida Alternativa Xuvenil e actividades doutros departamentos municipais, como bailes de tango ou danza do ventre. Ademais estarán abertos o Centro de Convivencia Uxío Novoneyra e haberá unha Ocioteca para que os pais poidan deixar nela ós nenos mentres aproveitan para facer as compras, e tamén estarán abertos os museos municipais.

A empresaria Nora Real, unha das promotoras da iniciativa, anunciou que a Noite Aberta de Lugo xa conta coa participación dun cento de establecementos comerciais, a maioría do centro pero tamén doutras zonas da cidade, que abrirán de 20.00 a 24.00 horas, e tamén se están a sumar a ela moitos hostaleiros.

Tamén indicou que “Lugo ten que estar a altura do que pasa no mundo e agardamos que o pobo responda a esta proposta que fará da de mañá unha noite chea de glamour”. Neste sentido anunciou que nos establecementos participantes “haberá descontos, catering, música en vivo, d´js, deseñadores e moitas sorpresas máis para que Lugo viva unha noite distinta”.

As actividades completaranse coa posibilidade de visitar pola noite tanto os museos do Concello como o Museo provincial no que haberá visitas guiadas de 21.00 a 22.00.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova