Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza o prazo de inscrición para Nadal en Compañía e Aulas Abertas da Programación de Nadal


# Venres, 10/12/2010
Nadal en Compañía, programa no que xa pode facerse a inscrición, ofrece ceas de Noiteboa e de Fin de Ano para familias e parellas que vivan soas


O prazo de inscrición para as Aulas Abertas será dende o luns 13 ata o venres 17


A Concellería de Benestar Social e Igualdade abre o prazo de inscrición para as actividades de Aulas Abertas e Nadal en Compañía da Programación de Nadal que o Concello de Lugo porá en funcionamento para as vindeiras datas.

Nadal en Compañía, que ten aberto o prazo de inscrición dende hoxe venres día 10 de decembro, está dirixido a familias e parellas que vivan soas, e programa unha cea de Noiteboa para o 24 de decembro e unha cea de Fin de Ano para o día 31 de decembro nun establecemento hostaleiro da cidade. As inscricións deben facerse na correspondente traballadora social ata o día 17 de decembro.

Pola súa banda, as Aulas Abertas da Programación de Nadal levaranse a cabo os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e o 3, 4 e 5 de xaneiro, e está dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos. As sesións serán de 10.00 a 13.00 horas nos Centros Maruja Mallo (20 prazas), Uxío Novoneyra (30 prazas), A Milagrosa (30 prazas), Sagrado Corazón (25 prazas), Fingoi (30 prazas) e Lamas de Prado (30 prazas). O prezo será de 1 euro o día, e a inscrición poderá facerse a partires do vindeiro luns, día 13 de decembro, e ata o 17 de decembro nos correspondentes Centros de Convivencia Municipais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova