Cargando....
Concello de Lugo
05/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá darán comezo as Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo


# Venres, 10/12/2010
As Xornadas desenvolveranse dende mañá sábado día 11 de decembro ata ó domingo 27 de febreiro en 30 establecementos da cidade

Os establecementos participantes elaborarán un menú cun prezo que oscila entre os 12 e os 30 euros

Concello de Lugo, Deputación, Asociación Provincial de Hostaleiros e Asociación de Industrias Elaboradoras Galegas de Agricultura Ecolóxica, presentan as Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo. Unha iniciativa, que se desenvolverá dende mañá día 11 de decembro e ata o domingo 27 de febreiro, que pretende promocionar un dos atractivos turísticos da cidade, a gastronomía.

Os participantes, un total de 30 establecementos da cidade, ofertarán un menú que constará de 1º prato, 2º prato, pan e postre, e que terá un prezo de entre 12 e 30 euros.

Listado participantes

Abrente, Arrocería Os Cachivaches, Cafetería Restaurante As Muxicas, Cafetería Restaurante O Pazo, Cafetería Xoldra, Cervecería Baco, Cervecería Restaurante A Fábrica, Curmans, Curruncho A Nosa Terra, Estrella Lugo, Humia 1303, Mesón A Rebola, Mesón Colón, Mesón Viñoteca Lubre, O Lar de Adrián, Pulpería O Castelo, Restaurante Antas de Ulla, Restaurante Campos, Restaurante España, Restaurante La Barra, Restaurante Manuel Manuel, Restaurante Mesón de Alberto, Restaurante O Cincuenta e seis, Restaurante Paprica, Restaurante Parrillada Antonio, Restaurante Parrillada Savoy, Rincón de Santos, Taberna Daniel, Taberna España y Tosar.

Premios

As bases destas Primeiras Xornadas Gastronómicas de Lugo establecen tres modalidades de premios:

Primeiro e segundo premio que se decidirán por votación popular mediante os votos que se introducirán nas urnas situadas nos establecementos participantes.

Tamén se concederán dous premios Muralla de Lugo, que decidirá un xurado, para os menús que homenaxeen á Muralla no décimo aniversario da súa declaración como Patrimonio Mundial.

Finalmente, haberá dous premios extraordinarios ó mellor prato ecolóxico e o mellor prato Lugosabe. Neste caso deberán ser feitos en homenaxe á Muralla usando unicamente produtos ecolóxicos ou con ingredientes autóctonos da provincia de Lugo ou que conten co selo Lugosabe.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova