Cargando....
Concello de Lugo
28/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo10 pecha o seu programa de actividades cunha mostra cartográfica de Lugo do Instituto Xeográfico Nacional


# Venres, 10/12/2010
“Lugo. 100 anos de cartografía” é o título da exposición que ademais acolle diversos instrumentos de medición dos séculos XIX e XX

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A mostra permanecerá no Centro de Convivencia Maruja Mallo ata o vindeiro día 10 de febreiro

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Director Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, Alberto Sereno Álvarez, e o Director do Centro Nacional de Información Xeográfica, Sebastián Mas Mayoral, presentaron hoxe, no Centro de Convivencia Maruja Mallo, a mostra “Lugo. 100 anos de cartografía”, dentro do marco das actividades do programa Lugo10.

Co motivo da conmemoración do Décimo Aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial, a exposición percorre a historia sobre a provincia e a cidade de Lugo durante un século a través da cartografía oficial. A exposición conta con diversas imaxes aéreas e de satélite e cos mapas coas distintas escalas que compoñen a cartografía básica nacional e tamén se mostran todas as edicións existentes nos fondos do IGN.

A cidade de Lugo e o seu entorno quedará centrada no mapa, dando especial importancia á Muralla Romana, usándose unha escala de 1:50.000 co que se ofrece un maior detalle do casco histórico e especialmente da Muralla cunha simbolización deseñada con motivo do Aniversario. Este mapa é a última edición realizada polo IGN, realizada especialmente con motivo do programa conmemorativo do Décimo Aniversario Lugo10.

Asemade, tamén se inclúen os instrumentos históricos que nos séculos XIX e XX se usaban nas medición de observacións correspondentes ás disciplinas de astronomía, geodesia e topografía.

Según destacou o Alcalde, quen se mostrou moi agradecido por esta colaboración do IGN có programa Lugo10, “esta mostra é un regalo para todos os lucenses, unha estupenda oportunidade de coñecer a nosa xeografía actualizada”. Na presentación da mostra, o Alcalde de Lugo fixo entrega a Alberto Sereno dun exemplar do Libro da Muralla, mentres que o Director Xeral do IGN ofreceu ao Alcalde un plano antigo de Lugo.

A mostra permanecerá no Centro de Convivencia Maruja Mallo, no Carril das Hortas s/n, alomenos ata o vindeiro día 10 de febreiro, xa que cabe a posibilidade de ampliar o prazo. Ademais, invitaránse as universidades e colexios de Lugo para que disfruten desta exposición.

O horario da mostra é o propio do Centro, de luns a venres dende as 8.30 ás 14.30 horas, e das 16.00 ás 22.00 horas. Sábados e Domingos, das 9.30 ás 13.30 horas e das 16.30 ás 21.30 horas.

www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova