Cargando....
Concello de Lugo
28/11/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Entregados os premios do Concurso de Fotografía SEUR Lugo10 nun acto que tivo lugar no Concello


# Venres, 10/12/2010
No certame participaron medio cento de persoas con 146 fotografías sobre Lugo e a Muralla

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o director comercial de SEUR Lugo, Roberto Tomé, entregaron esta tarde, nun acto que se celebrou no Concello, os premios ós ganadores do Concurso de Fotografía SEUR Lugo10.

Este certame foi convocado a través das redes sociais no marco da colaboración da empresa SEUR dentro do programa de actividades Lugo10.

O Concelleiro salientou o eco que tivo este Concurso de Fotografía e agradeceu a colaboración de SEUR con Lugo10 que consistiu, xunto coa convocatoria dos premios, na inclusión do logotipo de Lugo10 nas bolsas que emprega nos seus envíos que distribúe por todo o mundo.

Pola súa parte Roberto Tomé destacou o eco que tivo a convocatoria feita a través das redes sociais e tamén a axilidade coa que se desenvolveu todo o proceso de participación e votacións no certame.

As bases deste premio anunciáronse a través da páxina de Lugo10 en Facebook, onde se publicaron tamén todas as fotografías participantes. En total participaron medio cento de persoas cun total de 146 fotografías. No proceso de votacións tomaron parte máis de 1.200 usuarios que emitiron un total de 2.241 votos.

Os premios na categoría “Muralla” foron para Diego Fernández García, primeiro clasificado; Héctor Castiñeira López, segundo clasificado; e Lucía Armiño Varela, terceira clasificada.

Na categoría “Lugo merece un 10” recaeron en Héctor Castiñeira López, primeiro clasificado; Manuel Díaz Mata, segundo clasificado, e Francisco Barreal López, terceiro clasificado.

E na categoría “SEUR con Lugo10” a primeira clasificada foi Lucía Armiño Varela, a segunda Clara Ayán Álvarez e a terceira Rosa López Penado.

Os primeiros clasificados de cada categoría recibiron como premio unha cámara dixital compacta, os segundos unha mini-cadena HI FI estéreo, e os terceiros un libro edición especial Seur de Joaquín Araújo con temática Agua e unha chave usb co 1 gb de memoria.

O resto dos finalistas recibiron como agasallo unha botella de Coca-Cola edición especial Muralla de Lugo.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova