Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aprobados os Orzamentos do Concello para 2011


# Luns, 13/12/2010
O Pleno tamén acordou pedirlle á Universidade firmeza na defensa do master en Enxeñería Industrial e deulle o visto e prace á prórroga do prazo para pedir as subvencións da ITE

O Pleno do Concello aprobou esta tarde os Orzamentos municipais para 2011.

Os presupostos ascenden a 90.286.845 euros o que supón unha diminución do 2,23% respecto ós do 2010, segundo salientou o Alcalde, José López Orozco, que tamén destacou na defensa dos Orzamentos que “as circunstancias económicas fixeron desaconsellables uns presupostos expansivos e a pesar do recorte non se verán afectados os servizos nin o gasto social”.
Os Presupostos foron aprobados co voto favorable do grupo socialista, en contra do popular e a abstención do BNG.

O Concello tamén decidiu, neste caso por unanimidade, pedirlle ó Reitorado da USC firmeza na defensa do master en Enxeñería Industrial que se imparte no Campus de Lugo. Este acordo tomárono os tres grupos políticos que forman a Corporación municipal a iniciativa da Alcaldía.

Na sesión plenaria que celebrou hoxe o Concello aprobouse tamén por unanimidade dos tres grupos a ampliación ata o día 27 de decembro do prazo para presentar as solicitudes para acceder ás subvencións que concede o Concello para facer as inspeccións técnicas de edificios.

Ademais o Pleno municipal acordou pedirlle á Xunta de Galicia a creación dun centro de apoio a familias monoparentais. O acordo, froito de senllas iniciativas presentadas polos grupos do PSOE e o BNG, contou co voto favorable dos concelleiros destes dous grupos e en contra do PP.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova