Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo de inscrición para unha nova edición da "Busca do Tesouro"


# Martes, 14/12/2010
Os interesados poden inscribirse, a partir de hoxe, e ata o vindeiro mércores día 22 de decembro na Oficina de Información Xuvenil

Dentro das actividades que a Concellería de Xuventude ten previsto realizar no Nadal deste ano buscando un ocio alternativo dos/as mozos e mozas da cidade, celébrase a VIII edición “Busca do Tesouro”, coa que se pretende que os participantes coñezan a cidade e profundicen na súa historia.

“Busca do Tesouro” celebrarase os días 27 e 28 de decembro en dúas categorías, de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos. Os interesados poden inscribirse, a partir de hoxe, e ata o vindeiro mércores día 22 de decembro na Oficina de Información Xuvenil, no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.30 a 19.00 horas de luns a venres.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova