Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Diversiarte 2010 achega un Mercadiño Solidario ata a Praza Maior


# Mércores, 15/12/2010
O Alcalde e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade inauguraron hoxe o Mercadiño Solidario, que permanecerá ata o venres no fondo da Praza Maior

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, inauguraron esta mañá o Mercadiño Solidario instalado no fondo da Praza Maior.

No acto de inauguración, o Alcalde animou a todos os lucenses a achegarse a coñecer o traballo que realizan as asociacións, demostrando así a súa solidariedade, e mercando algún dos produtos elaborados polas case 20 asociacións participantes neste Mercadiño Solidario.

O Mercadiño Solidario está incluído dentro do programa Diversiarte, Ocio e Cultura sen Barreiras 2010, que se organiza dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, e que xa desenvolveu diversas actividades como contacontos para persoas con diversidade funcional ou a lectura do manifesto con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidades, que se levou a cabo no Concello o venres día 3 de decembro, e cuxo lema este ano foi: Por unha educación inclusiva real e efectiva.

O Mercadiño Solidario, que ofrece produtos elaborados polas case 20 asociacións que participan, permanecerá na Praza Maior de Lugo dende hoxe, mércores 15 de decembro, ata o venres 17 de decembro, en horario de 11.30 horas a 13.30 horas e de 17.00 horas a 20.30 horas.

Descargar o programa completo de Diversiarte 2010 (arquivo PDF 2.0 MB)

Lectura do Manifesto no Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova