Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A IX edición da Carreira Solidaria Lugo Monumental apoiará a campaña de sensibilización social "Panos Brancos contra á Droga"


# Mércores, 15/12/2010
A cidade de Lugo acolle a quinta edición da Campaña Panos Brancos despois das celebradas en anos anteriores en Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Pontevedra

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Carreira Lugo Monumental celebrarase o domingo día 19 de decembro

Antes da proba deportiva levarase a cabo a Marcha dos Abandeirados e farase unha lectura do Manifesto da Fundación Galega contra o Narcotráfico



O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandio, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o Presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, José Manuel Siso Bartomé, e o Xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, Fernando J. Alonso, presentaron esta mañá a campaña de sensibilización social “Panos Brancos contra á Droga. Lugo 2010”, acción solidaria baixo a que se desenrolará a IX edición da Carreira Popular Lugo Monumental, que se celebrará na cidade o vindeiro domingo día 19 de decembro.

Segundo anunciou o Concelleiro de Deportes, este ano a recadación obtida das inscricións nesta carreira popular e solidaria, uns 3.000 euros aproximadamente, irán destinados a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

Panos Brancos contra a Droga

Concibida como unha campaña de sensibilización social, Panos Brancos converteuse desde a súa primeira edición no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico.

Promovida e organizada pola FGCN, a campaña desenvólvese a través de diferentes actos públicos mediante os cales os cidadáns pronúncianse en contra da droga e as bandas criminais do narcotráfico, utilizando principalmente a simboloxía de panos e bandeiras brancas como icona visible do seu compromiso.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de nenos e mocidade, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema.



Actos centrais Panos Brancos Lugo 2010

Data: Sábado 19 de decembro 2010

Horarios previstos:

11,00 a 12,00 h. Lectura Manifesto e Marcha da Bandeira Branca contra a droga.
12,00 a 13,30 h. Evento Deportivo e Actos de Clausura.

1.- ACTOS DE APERTURA

- Lectura do Manifesto da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

- Marcha dos Abandeirados.
Representantes de toda a sociedade galega portarán a bandeira branca contra a droga, acompañados polos deportistas participantes na proba posterior e todos os asistentes ó acto. Percorrido previsto polo casco histórico e o contorno da Muralla de Lugo. O acto busca simbolizar o compromiso e a unión da sociedade fronte aos problemas do consumo e o tráfico de drogas.

- Solta de Globos Brancos contra a Droga.

2.-CELEBRACIÓN DA PROBA DEPORTIVA “Panos Brancos contra a Droga”
Coa participación de deportistas lucenses, escolares e adultos.

3.-ATENCIÓN A LOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
VALORACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DO CONSUMO E TRÁFICO DE DROGAS EN GALICIA.
Unha vez iniciada a proba ou evento deportivo, está previsto ofrecer aos medios de comunicación asistentes unha valoración da situación actual do consumo e o tráfico de drogas en Galicia.

deportes.lugo.es

www.lugo.es/prevenciondrogas

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova