Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo reclámalle á Xunta que lle dea un novo uso ó edificio do Hospital Xeral


# Mércores, 15/12/2010
O Concello teme que o abandono do edificio cree un foco de conflito no barrio e repercuta nos negocios e a calidade de vida dos veciños

Imaxe Asociada
González Dopeso lembra que o Pleno pediulle ó Goberno galego a creación dunha residencia para maiores dependentes dado o envellecemento da poboación de Lugo


O Concello de Lugo denuncia que a Xunta ten previsto deixar abandonado o edificio do Hospital Xeral o que terá unha importante repercusión para a cidade e máis en particular nun barrio que medrou en torno á Residencia. E lembrou que na cidade de Santiago o Hospital provincial leva anos pechado e esmorecendo, algo que o Concello de Lugo non quere que se repita co Hospital Xeral. “Non queremos que volva pasar o que sucedeu coa vella Frigsa”, sinalou.

O Concelleiro Lino González Dopeso asegurou hoxe que “a Xunta abandona unha vez máis a Lugo, desmantela un barrio e desenténdese dos maiores da nosa cidade”. Tamén indicou que “en Galicia a Xunta ten transferidas as competencias en vivenda, sanidade, educación e servizos sociais, polo tanto é ó Goberno galego a quen lle corresponde solucionar problemas como o do envellecemento da poboación”.

González Dopeso lembrou que o Pleno do Concello acordou o 6 de setembro instar á Xunta a crear un centro público de atención ós maiores asistidos logo do traslado ó novo Hospital. Tamén recordou que nesa sesión plenaria o voceiro do PP, Jaime Castiñeira, considerou interesante a proposta e anunciou que a apoiaría ante a Xunta, segundo consta na acta do Pleno, pero agora o PP votou no Parlamento en contra desa posibilidade, polo que González Dopeso afirma que “ou o señor Castiñeira non fixo o que prometeu no salón de plenos ou no PP non lle fan caso”.

Neste sentido, lembrou que o envellecemento da poboación fai necesario contar con máis prazas de asistidos. Así, sinalou que un de cada cinco veciños de Lugo teñen máis de 65 anos e, tendo en conta os estudos de prevalencia da dependencia en maiores, 4.370 persoas do noso Concello necesitarían nalgún momento de prazas para asistidos, e a Xunta só ten 42 prazas públicas para asistidos na Residencia das Gándaras.

Con estes datos, “está máis que xustificado adicar o vello Hospital a residencia sanitaria para asistidos”, indicou, e “se non non vale o convenio actual que disfruta o Sergas, o que ten que facer é negociar un novo”.

Para o Concelleiro González Dopeso, non vale a escusa de que a Xunta non ten cartos “se non os ten que os busque como facemos todas as administracións, que fale con queira e solucione o problema, de feito teñen cartos para o Gaiás ou para gastar 1,8 millóns de euros para construír unha goleta”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova