Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nenos e nenas do Colexio Salesianos visitaron hoxe o Concello


# Xoves, 16/12/2010
Cincuenta nenas e nenos, acompañados por dous mestres, foron recibidos esta mañá no Salón de Plenos do Concello de Lugo polo Alcalde, José López Orozco

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, a un grupo de cincuenta nenos e nenas de terceiro de primaria do colexio lucense dos Salesianos, que viñan acompañados por dous dos seus profesores.

Os pequenos, que tiñan oito anos de idade, amosaron moita curiosidade polo funcionamento do Concello e pola labor desempeñada polo Goberno Municipal. O Alcalde explicoulles o seu traballo como Alcalde e atendeu a todas as preguntas que lle fixeron os rapaces, como a toma de decisións dende o Concello, as medidas contra a crise, ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal.

As alumnas e alumnos do Colexio Salesianos recibiron unha publicación do xornal El Progreso, en colaboración coa marca Lugo10, que recolle unha recopilación dos debuxos e relatos gañadores escritos polos rapaces e rapazas que participaron nas dez edicións do certame Premios Muralla de Lugo, que xira en torno a Muralla Romana.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova