Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Constituído o VIII Goberno Municipal Infantil de Lugo


# Xoves, 16/12/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e outros membros da Corporación Municipal, participaron hoxe na constitución do VIII Goberno Municipal Infantil de Lugo celebrada no Salón de Plenos do Concello.

Ás 12:30 horas tivo lugar o investimento por parte dos alumnos e alumnas como Alcalde e Concelleiros/as infantís, xurando o cargo, facendo unha mesa de idade e cun discurso por parte do novo Alcalde infantil, do CEIP Menéndez Pelayo. O Alcalde de Lugo, José López Orozco foi o responsable de tomarlles o xuramento e de investilos coa medalla da Corporación.

José López Orozco felicitou aos vintecinco integrantes do oitavo goberno infantil e lembroulles que “esta tarefa non é un xogo, xa que sodes os representantes dos nenos de toda a cidade e asumides a responsabilidade de indicar as prioridades para a cidade. Hai que aproveitar o traballo feitos polos anteriores gobernos, e esforzarse para levar adiante o traballo. Pola nosa banda, o goberno municipal tentará cumprir con todas aquelas propostas que poidamos tal e como fixemos cos anteriores gobernos”.

Este foi o remate dun proceso que comezou o pasado mércores, día 1 de decembro, ás 11:30 horas, cando tivo lugar o comezo do VIII Goberno Municipal Infantil, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, coa participación dos colexios: Albeiros, Illa Verde, Quiroga Ballesteros, Menéndez Pelayo e Galén. Comezou co saúdo e benvida da concelleira de Educación, Dolores Vieiro, ós alumnos e alumnas e mestres, explicando o sistema de puntuación para elixir Alcalde ou Alcaldesa infantil e concelleiros/as infantís. Seguidamente fíxose un sorteo para a orde de exposición dos traballos feitos polos colexios, consistentes nun proxecto de cidade, coas cousas que, baixo o punto de vista dos rapaces e rapazas, precisa a cidade de Lugo. Mentres un colexio expoñía o seu traballo, os restantes puntuaban as áreas correspondentes, calculando ó final das exposicións que colexio tería máis puntos, acadando así a Alcaldía, para logo facer o reparto de concellerías.

CORPORACIÓN VIII GOBERNO MUNICIPAL INFANTIL

CEIP ALBEIROS
- Jenny Méndez Vidal
- Andrés Martínez Díaz
- Alfredo Estévez Álvarez - Concelleiro Delegado de Medio Ambiente
- Nicolás Rouco
- Tania Carrete Raposo - Concelleira Delegada de Urbanismo


CEIP QUIROGA BALLESTEROS
- Erlinda Rábade Odeña - Concelleira Delegada de Tráfico e protección da comunidade
- Marina Prado Ferreiro
- Nerea García Rodríguez
- Juan Gabriel Céspedes Flores - Concelleiro Delegado de Cultura e Educación
- Marina Atanes Conde


CEIP MENÉNDEZ PELAYO
- Jessica Vigo Arrojo
- Álvaro Díaz Díaz
- Natalia Torrón Sánchez
- Brais Vázquez Vázquez - ALCALDE
- Patricia Andión

CEIP ILLA VERDE
- Marcos Burgo Beiro - Concelleiro Delegado de Benestar Social
- Lucía Díaz Iglesias
- Rodrigo Antonio Vidal Pinto - Concelleiro Delegado de Desenvolvemento Xuvenil
- Cristina López Amado - 1º TENENTE ALCALDE
- Sofía de la Rosa Calderón

GALÉN
- Ana Leboreiro Iriarte - Concelleira Delegada de Deportes
- Daniel Rodríguez Estévez - 2º TENENTE ALCALDE
- Jesús Rodríguez Pociña - Concelleiro Delegado de Zona Rural
- Ismael López Calvo
- Martín Rodríguez Fernández





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova