Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello creará unha nova Aula Multimedia no Centro Cívico María Balteira e vai formar unha rede de voluntarios que apoiarán ós monitores encargados de ensinarlles ós maiores a usar as novas tecnoloxías


# Xoves, 16/12/2010
A Concelleira de Servizos Xerais anunciou este proxecto nunha xuntanza que celebrou o Consello Veciñal

O Concello proxecta crear unha nova Aula Multimedia no Centro Cívico María Balteira. A nova instalación será semellante á que xa funciona no Castiñeiro na que se dan cursos de novas tecnoloxías ós maiores.

O proxecto da Concellería de Servizos Xerais complétase con outra iniciativa consistente na creación dunha rede de voluntarios que colaborarán cos monitores encargados de ensinarlles o uso das novas tecnoloxías ás persoas maiores.

Os equipos cos que estará dotada a nova Aula Multimedia proceden da Aula que tiña a Xunta de Galicia no barrio da Milagrosa e que foi pechada polo Goberno autonómico. Os ordenadores serán cedidos ó Concello logo dun acordo entre as dúas administracións.

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, comunicou estes proxectos ós representantes veciñais nunha xuntanza que celebrou onte o Consello Veciñal. Na reunión participaron os tres grupos políticos do Concello e representantes da Federación de Asociacións de Veciños e de UNAVE.

O Consello Veciñal tamén tratou sobre a tramitación das subvencións que concede o Concello ás asociacións de veciños. Segundo explicou a Concelleira, o proceso para a concesión das subvencións xa está rematado e ampliouse ata o día 31 de xaneiro o prazo para que as asociacións xustifiquen o importe das axudas que solicitaron.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova