Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio Gustavo Freire acollerá o domingo día 19 un concerto de Gospel a cargo Jimmy McGee and the Praying Hands


# Xoves, 16/12/2010


Imaxe Asociada
O vindeiro domingo, día 19 de decembro, a partir das 20.30 horas, o Auditorio Gustavo Freire será o escenario dun Gran Concerto de Nadal de Gospel, que correrá a cargo de Jimmy McGee and the Praying Hands. As entradas poden adquirise a través de www.caixanova.es a un prezo de 18, 15 e 12 euros.

Jimmy McGee and the Praying Hands
 
Jimmy McGee ("Reverend" Jimmy McGee para os numerosos amigos) é unha bomba de "gospel soul". A través da súa voz revélase o son auténtico da igrexa sureña de EUA. Renombrado guitarrista e compositor, ao escoitar McGee dá a sensación de que un descobre no que canta a propia esencia do home.

O seu currículo inclúe ter gravado e actuado con artistas como Black Uhuru, Kevin Turner (Ray Charles Band, Kirk Whalum), Foley (Miles Davis), Barkay ´ s & Cameo, Dean Francis, Sun, Roz and the Message..
 
O seu segundo CD está xa preparado e inclúe deliciosos arranxos de temas espirituais como "Down By the Riverside", "Swing Low, Sweet Chariot," "Jesus on the Mainline", "What a Friend We Have in Jesus", ou "People Get Ready", entre moitos máis. A súa banda, Jimmy McGee and the Praying Hands, representa a nova onda "revival" no mundo de gospel. Un "revival" fundamental e necesario para que o gospel de hoxe non perda o seu rumbo, beleza tradicional e importancia nun panorama musical actual cheo de rap, hip-hop e sons sintetizados.

Os principios da carreira de Jimmy McGee acredítano como gardián da chama espiritual. É cantante e guitarrista profesional dende os 10 anos en numerosos bandas que tiveron repercusión nacional, incluíndo The Five Gifts of God, The Praising Sons, The Gospel Clouds of Joy ou The Mighty Sons of God. A súa carreira inclúe longas estanzas como guitarrista nos grandes casinos de Las Vegas ou Atlantic City.
 
Pero hoxe Jimmy Mcgee aposta pola música que leva dentro dende sempre. O seu labor é conservar as tradicións do gospel sureño do EE.UU. Eso si, aplicándolle o seu conmovedor estilo, empapado de todas a música negra que vai dende New Orleans ata Detroit.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova