Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello compra unha finca para o campo da festa de Bazar


# Xoves, 16/12/2010
Os cartos proceden do importe que pagou Fomento pola expropiación da antiga escola para a Autovía de Santiago

O Concello comprou unha finca para destinala a campo da festa da parroquia de Bazar. O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe a escritura de propiedade da finca.

Coa compra da finca dáse cumprimento a un compromiso que asumira o Concello cos veciños de Bazar a raíz da expropiación da antiga escola, que era de titularidade municipal, e unha parcela. A expropiación fíxoa o Ministerio de Fomento para facer o enlace de Vilamoure incluído no proxecto da Autovía de Santiago.

A expropiación deixou ós veciños de Bazar sen un lugar que empregaban como centro de reunión e actividades e o Concello prometeulles daquela que adicaría os cartos que percibira pola expropiación a dotar a esta parroquia dun campo da festa.

En cumprimento deste compromiso, o Concello mercou unha finca de 1.600 metros cadrados de superficie pola que pagou 17.000 euros, para destinala a campo da festa.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova