Imprimir

O CONCELLO COMPRA UNHA FINCA PARA O CAMPO DA FESTA DE BAZAR


16/12/2010 Os cartos proceden do importe que pagou Fomento pola expropiación da antiga escola para a Autovía de Santiago

O Concello comprou unha finca para destinala a campo da festa da parroquia de Bazar. O Alcalde, José López Orozco, asinou hoxe a escritura de propiedade da finca.

Coa compra da finca dáse cumprimento a un compromiso que asumira o Concello cos veciños de Bazar a raíz da expropiación da antiga escola, que era de titularidade municipal, e unha parcela. A expropiación fíxoa o Ministerio de Fomento para facer o enlace de Vilamoure incluído no proxecto da Autovía de Santiago.

A expropiación deixou ós veciños de Bazar sen un lugar que empregaban como centro de reunión e actividades e o Concello prometeulles daquela que adicaría os cartos que percibira pola expropiación a dotar a esta parroquia dun campo da festa.

En cumprimento deste compromiso, o Concello mercou unha finca de 1.600 metros cadrados de superficie pola que pagou 17.000 euros, para destinala a campo da festa.