Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibirá un millón de euros do Plan Complementario da Deputación


# Xoves, 16/12/2010
O Alcalde asinará mañá o convenio co Presidente da Deputación

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

López Orozco destaca a importancia desta achega económica da institución provincial e anuncia que se adicará a melloras no Río Miño e nas infraestruturas viarias


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou hoxe que o Concello recibirá un millón de euros da Deputación provincial a través do Plan Complementario que a institución provincial adica á execución de obras en dez municipios da provincia.

O Alcalde asinará mañá co Presidente de Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o convenio polo que se fará esta achega económica.

José López Orozco destacou hoxe a importancia que ten para Lugo esta inxección económica para acometer investimentos no municipio e comparouna cun “magnífico regalo de Reis que nos veu adiantado”.

O Alcalde anunciou que parte do investimento adicarase a infraestruturas viarias e o resto a mellorar o contorno do Río Miño “que o outro gran reclamo turístico da cidade, xunto ca Muralla ou a Catedral e os museos”.

O obxectivo do Concello é aproveitar a achega da Deputación provincial para poñer en marcha un ambicioso proxecto no que tamén está prevista a colaboración da a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

O Alcalde lembrou que neste momento a Confederación está rematando a pasarela peonil sobre o Miño nun proxecto que tamén se inclúe a posta en bo estado do paseo ata Ombreiro.

E tamén indicou que hai “conversar que están moi adiantadas coa Confederación para levar a cabo un proxecto máis ambiciosos que queremos comezar con este diñeiro da Deputación, queremos invertilo nas marxes dos ríos Miño e Rato para que estean todavía en mellores condicións”.

Ademais da creación dunha praia fluvial zona de baño nas proximidades dos Robles que non sexa agresiva coas ribeiras do río, o proxecto inclúe outras actuacións nas marxes do río. O Alcalde indicou que “se trata de poñer no mellor estado, para o desfrute dos cidadáns, a desembocadura do río Rato e a súa confluencia co Miño e, ademais, arranxar o espazo que queda entre o paseo do Miño e a desembocadura do Rato, outro paseo entre os ríos Miño e Mera, así como dotar ó paseo do Rato dun alumeado acorde co contorno, respectuoso medioambientalmente que empregaría enerxía solar para o seu funcionamento.


Indicou tamén o Alcalde que xa está redactando o proxecto que será presentará pronto e que determinará o custo destas actuacións. En todo caso, o Alcalde anunciou que o ano que vén acometeranse a creación da praia fluvial e a unión do parque do Miño co parque do Rato, e explicou que parte dos terreos son propiedade do Concello, outros da Confederación e outros privadas e estase negociando a cesión destas propiedades para levar a cabo estas actuacións.

Lugo10

López Orozco expresou ademais a súa satisfacción porque a Comunidade Autónoma andaluza acaba de presentar un proxecto turístico co lema Andalucía10, “semellante ó noso Lugo10”, dixo o Alcalde, e engadiu “non quero dicir que nos copiaran, senón que me dá a impresión de que nós e Andalucía estamos na mesma onda e aproveitamos unha boa nota, o 10”.

www.lugo10.es



Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova