Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta unha ampla e variada programación de actividades para o Nadal


# Venres, 17/12/2010
Teatro, música, exposicións, a Cabalgata de Reis, ou a novena edición da Feira de artesanía Artenadal, son algunhas das case 30 propostas culturais para o Nadal

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Actividades nas ociotecas e aulas abertas, contacontos, bailes de maiores, recitais, ou o festival “Familia no Nadal”, son algunhas das alternativas propostas dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade

Rosana Rielo, Concelleira de Xuventude, presentou unha nova edición de “A busca do Tesouro”, que se levará a cabo os días 27 e 28 de decembro, e lembrou as actividades ofertadas dende a Casa da Música

Dende a área de Deportes hai nove propostas para o Nadal que darán comezo hoxe coa III Velada de Boxeo O Palomar, e rematarán o 15 de xaneiro coa Carreira Popular Nocturna de Reis


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentaron esta mañá o programa de actividades de Nadal 2010-2011.

Un ano máis, o programa presentouse conxuntamente dende as Concellerías de Cultura, Benestar Social, Xuventude e Deportes. Deste xeito, e segundo destacou a Concelleira de Cultura, “intentamos presentar as actividades dun xeito coordinado para que resulte máis sinxelo facer unha selección das actividades de ocio para o Nadal dependendo dos gustos e necesidades de cadaquén”.

Así, o Concello presenta un programa con case medio centenar de actividades de lecer e ocio para as vindeiras datas de Nadal. Case 30 actividades culturais, que recollen dende exposicións ou musicais ata concertos ou representacións de teatro infantil, así como a xa tradicional Feira de artesanía ArteNadal, organizada coa colaboración da Deputación de Lugo e que este ano alcanza a súa novena edición. Ademais, e segundo destacou Nuria Mundiña, “este ano teñen especial relevancia as actuacións das Corais da cidade, que a diferencia dos anos anteriores, que só actuaban nas parroquias, este ano quixemos achegalas ata os centros socioculturais”.



Dende a Concellería de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre presentou iniciativas como “Familia no Nadal”, “Nadal en Compañía”, bailes para maiores, actividades nas Ociotecas e Aulas Abertas, sesións de contacontos, teatro, o recital Rosalía de Castro, as actividades do programa “Sábados máis por ti”, ademais de continuar co “Reforzo Educativo”, e as diversas actividades especiais do Nadal que se levan a cabo na Casa das Linguas.

Pola súa banda, a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou unha nova edición de “Busca do Tesouro”, un xogo de rastrexo por toda a cidade, que se levará a cabo os días 27 e 28 de decembro, e que terá como premios ordenadores portátiles, viaxes ou MP4. A inscrición pode facerse ata o vindeiro mércores 22 de decembro. Ademais, lembrou as alternativas de ocio que oferta a Casa da Música, como billar, tenis de mesa, wii, playstation ou xogos de mesa durante todo o ano de luns a domingo dende as 17.00 horas ata as 22.00 horas.

Dende a Concellería de Deportes hai previstas nove actividades, a primeira delas será hoxe mesmo, a III Velada de Boxeo o Palomar, e rematará o 15 de xaneiro coa Carreira Popular Nocturna de Reis. Entre estas datas poderase disfrutar da Carreira Solidaria Lugo Monumental, que terá lugar o domingo 19 de decembro, o Torneo Azkar Futbol Sala, o Cuadrangular de Nadal Baloncesto, o Torneo Milagrosa de Fútbol Feminino, ou a XVI Carreira Popular San Silvestre.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova