Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A IX edición da Carreira Popular Lugo Monumental, que se celebra o domingo 19 de decembro, agarda a participación de 2.500 atletas


# Venres, 17/12/2010


Este domingo terá lugar a IX edición da Carreira Popular Lugo Monumental, onde está previsto a participación de 2500 atletas entre adultos e menores ao longo da mañá do domingo 19 de decembro.

A recollida de números comezará o sábado, día 18, ás 17:00 horas na carpa disposta pola organización na parte traseira do Concello (Praza Maior) ata as 20:30 horas, onde se repartirán os chips e números dos adultos da carreira monumental e os novos inscritos do circuíto de menores do Corre con Nós.

O domingo día 19, día da carreira, o período de recollida de números completarase de 09:00 a 10:30 horas, antes de que comece a primeira das probas que se distribúen ao longo da mañá nos seguintes horarios e coas seguintes distancias:

11:00 h Categoría Mini 300 mt
11:10 h Categoría A 600 mt
11:20 h Categoría B 1000 mt
11:30 h categoría C-D 1500 mt

Neste intre darán comezo os actos correspondentes á Marcha Panos Brancos da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, onde diferentes personalidades da sociedade de Lugo finalizarán a marcha coa entrega da bandeira e a lectura dun manifesto previo á saída da carreira de adultos das 12:00 horas, percorrendo unha distancia de 9870 metros. Nese mesmo intre farase entrega dun cheque de 3000 € á Fundación Galega Contra o Narcotráfico, recadado coas inscricións solidarias achegadas polos 1500 corredores anotados na proba de adultos.

A previsión de participación está estimada en 1500 adultos e 1000 nenas e nenos, que percorrerán as rúas do centro de Lugo e o adarve da Muralla nos diferentes tramos das carreiras. Unha vez remata a carreira, os participantes recibirán unha bolsa con avituallamento e un recordo da súa participación na proba.

O tráfico rodado arredor da Muralla e os arredores das avenidas de Ramón Ferreiro - Rodriguez Mourelo e Dtor Portela permanecerá cortado durante os horarios das probas, xa que forman parte do percorrido destas.


A entrega de trofeos está prevista para as 13:15 horas, onde se entregarán os trofeos para os tres primeiros de cada categoría, aos primeiros clasificados locais faráselles entrega do trofeo conmemorativo do 75 Aniversario de Radio Lugo Cadena Ser, que premia ao primeiro e primeira local así como o atleta masculino e feminino máis veteranos, que recibirán o trofeo Divina Pastora.


deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova