Imprimir

O NADAL CHEGA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SERRA DE OUTES


20/12/2010

O vindeiro xoves, día 23 de decembro, a Escola Infantil Municipal Serra de Outes celebra unha xornada de actividades de Nadal. Así, a partir das 16.00 horas, as nenas e nenos da escola presentarán un Belén ambientado na época dos romanos cunha muralla feita de publicacións relativas ao monumento lucense do xornal El Progreso. Non faltará unha árbore de Nadal con adornos feitos polas rapazas e rapaces e cheo de globos de cores. Para rematar, “Mamá Noel” agasallará aos cativos cunha bolsa de lambetadas.

www.lugo.es/ws/escola_serra_outes