Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca de Fingoi recorda a Rosalía de Castro no 125 aniversario da súa morte cun recital


# Luns, 20/12/2010
O recital terá lugar mañá a partir das 10.00 horas e contará cunha introdución do escritor Darío Xohán Cabana e unha lectura de poemas

Imaxe Asociada
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza mañá martes 21 de decembro un recital de poemas de Rosalía de Castro, polo 125 aniversario da súa morte.

O acto comezará as 10.00 horas na Biblioteca de Fingoi cunha presentación do recital a cargo de José Blázquez, e continuará cunha breve introdución sobre a figura de Rosalía de Castro do escritor Darío Xohán Cabana. Posteriormente, levarase a cabo a lectura de poemas, que serán recitados polos usuarios do centro e da biblioteca, e no que tamén participará a Concelleira de Benestar Social e Igualdade Carmen Basadre. Tras o recital, os participantes debaterán nunha charla-coloquio, e poderán ver unha exposición bibliográfica.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova