Imprimir

A BIBLIOTECA DE FINGOI RECORDA A ROSALÍA DE CASTRO NO 125 ANIVERSARIO DA SÚA MORTE CUN RECITAL


20/12/2010 O recital terá lugar mañá a partir das 10.00 horas e contará cunha introdución do escritor Darío Xohán Cabana e unha lectura de poemas

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, organiza mañá martes 21 de decembro un recital de poemas de Rosalía de Castro, polo 125 aniversario da súa morte.

O acto comezará as 10.00 horas na Biblioteca de Fingoi cunha presentación do recital a cargo de José Blázquez, e continuará cunha breve introdución sobre a figura de Rosalía de Castro do escritor Darío Xohán Cabana. Posteriormente, levarase a cabo a lectura de poemas, que serán recitados polos usuarios do centro e da biblioteca, e no que tamén participará a Concelleira de Benestar Social e Igualdade Carmen Basadre. Tras o recital, os participantes debaterán nunha charla-coloquio, e poderán ver unha exposición bibliográfica.