Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello presenta unha axenda para conmemorar o Ano Internacional do Voluntariado


# Luns, 20/12/2010
A Concellería de Servizos Xerais editou 350 unidades da axenda do voluntariado na que participan 18 entidades de acción voluntaria da cidade e que se repartirán nas distintas asociacións

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, xunto con Estela Martínez Villalda, da Rede Lucense do Voluntariado, presentaron hoxe, ante a presenza de moitas das asociacións participantes no proxecto, a Axenda do Voluntariado.

No ano 2011 cúmprese o décimo aniversario do Ano Internacional do Voluntariado, motivo polo cal o Centro Europeo do Voluntariado declarou este ano como Ano Europeo do Voluntariado. Con tal celebración, dende a Concellería de Servizos Xerais, editouse unha axenda na que participaron 18 entidades de acción voluntaria: AFALU, ALCER, ALUME, ATEIBO, ASPNAIS, AUXILIA, CARITAS, COGAMI, DOWN LUGO, FADEMGA, FUDACE, FUNDACIÓN SECRETARIADO GITANO, FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR, RAIOLAS, UDP LUCUS AUGUSTI, OFICINA DE VOLUNTARIADO DE LA USC, VALPONASCA y XAQUEDRUM.

Segundo destacou a Concelleira de Servizos Xerais, “esta axenda pretende ser unha ferramenta de información e promoción do voluntariado, que sexa de utilidade para as entidades e persoas interesadas na acción voluntaria e tamén pretendemos recoñecer e destacar o valor das actividades de voluntariado que realizan as entidades de acción voluntaria no noso municipio”.

En total serán 350 axendas, cun custo de 2.500 euros, e que se repartiran polas distintas asociacións de voluntariado. Segundo sinalou Luisa Zarzuela, “este era un proxecto maior, pero ao non recibir apoio económico por parte da Xunta, houbo que facer un numero menor de axendas do previsto inicialmente”.

A axenda presenta actividades e proxectos que desenvolven algunhas entidades de acción voluntaria da cidade, e Segundo destacou Estela Martínez, “nas que todos e todas podemos participar como voluntarios, tecendo así entre todos e todas unha rede de acción solidaria”. A axenda contén unha presentación, unha explicación da acción voluntaria, unha descrición de todas as entidades de acción voluntaria que colaboran nesta axenda, un calendario do 2011, a lei de voluntariado, enlaces solidarios de interese, un calendario de 2012 e un apartado para notas.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova