Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Celébrase en Lugo unha Xornada para conmemorar o 85 aniversario do Primeiro Congreso de Economía de Galicia que se celebrou na nosa cidade en 1925


# Luns, 20/12/2010
No acto inaugural, o Alcalde sinalou o envellecemento da Galicia interior como un dos problemas económicos do pais

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Unha placa conmemorativa instalada na Casa do Concello lembra desde hoxe o primeiro Congreso adicado á economía de Galicia


O Alcalde, José López Orozco, inaugurou esta mañá unha Xornada que conmemora o 85 aniversario do Primeiro Congreso de Economía de Galicia, que tivo lugar no ano 1925 en Lugo. No acto de apertura participaron tamén o Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Besteiro; o Presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González; o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela; a Presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe.

Na súa intervención, o Alcalde sinalou que “aínda que é verdade que a historia non se repite, este é un momento apropiado para reflexionar sobre o que pasa na Galicia actual”. López Orozco referiuse ás dificultades do momento económico e dixo este que é bo momento para reflexionar pero defendeu que “Galicia ten demostrado que é capaz de superar as crises porque somos xente emprendedora e traballadora e hai empresarios e administracións dispostas a superar este momento, por iso hai esperanza”.

Para o Alcalde, “o desenvolvemento dun pobo ten que ser harmónico e por iso débense ter en conta tanto os aspectos sociais como políticos ou culturais”. Tamén salientou a necesidade de que todas as administracións traballen xuntas para facerlle fronte ós problemas económicos do momento actual.

Ademais, o Alcalde dixo que Lugo ten o orgullo de ter sido a cidade que foi o escenario, hai 85 anos, do Primeiro Congreso de Economía de Galicia e lembrou en particular o papel que xogou nel Juan Rof Codina.

A Xornada desenvolveu parte das súas sesións no Círculo das Artes, o mesmo lugar que foi escenario do Primeiro Congreso de Economía de Galicia, no que participaron tanto empresarios como intelectuais galeguistas preocupados polo futuro económico, social e cultural do pais, segundo se puxo de manifesto na sesión inaugural.

O encontro foi clausurado cunha disertación do Secretario xeral do IGAPE, Javier Álvarez Barbeito, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Lugo. Antes da clausura do encontro foi descuberta unha placa conmemorativa da celebración do I Congreso de Economía de Galicia, na planta baixa da Casa do Concello.

Os actos conmemorativos do 85 aniversario dese evento foron organizados polo Foro Enrique Peinador, coa colaboración do Concello de Lugo e da Deputación provincial.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova