Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo celebrou onte os actos da campaña de sensibilización social "Panos Brancos contra á Droga. Lugo 2010"


# Luns, 20/12/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e outros membros da Corporación Municipal participaron onte nos actos da campaña de sensibilización social “Panos Brancos contra á Droga. Lugo 2010”, que precedeu a carreira popular Lugo Monumental. Así, Lugo acolleu a quinta edición desta campaña que xa se celebrou en anos anteriores en Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Pontevedra.

Os actos comezaron coa “Marcha dos Abandeirados”, onde representantes da sociedade lucense percorreron varias zonas do centro portando a bandeira branca contra a droga. Un acto que pretende simbolizar o compromiso e a unión da sociedade fronte aos problemas do consumo e tráfico de drogas. Posteriormente, procedeuse a lectura dun manifesto, que correu a cargo do Presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, José Manuel Siso Bartomé.


Panos Brancos contra a Droga

Concibida como unha campaña de sensibilización social, Panos Brancos converteuse desde a súa primeira edición no maior e máis contundente movemento social de rexeitamento ás drogas e o narcotráfico.

Promovida e organizada pola FGCN, a campaña desenvólvese a través de diferentes actos públicos mediante os cales os cidadáns pronúncianse en contra da droga e as bandas criminais do narcotráfico, utilizando principalmente a simboloxía de panos e bandeiras brancas como icona visible do seu compromiso.

A campaña diríxese a toda a sociedade galega, con especial atención para o colectivo de nenos e mocidade, un dos grupos máis vulnerables fronte a este problema.

www.lugo.es/prevenciondrogas

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova