Imprimir

O CENTRO DE INFORMACIÓN EUROPE DIRECT-LUGO ORGANIZA UNHA XORNADA ADICADA Á DISCAPACIDADE COMO PECHE DO ANO EUROPEO DE LOITA CONTRA A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL


20/12/2010

O Concello organiza, a través do Centro de información Europe Direct, unha xornada na que participarán distintas asociacións que traballan en Lugo no campo da discapacidade e a diversidade como peche do Ano Europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social.

A xornada celebrarase baixo o lema “O Nadal e os valores europeos” e terá lugar na sala multiusos do centro de información europea Europe Direct-Lugo, a partir das 16.30.

No programa inclúense obradoiros de pintura e manualidades, xogos, un contacontos, actuacións e panxoliñas, entre outras actividades.

www.lugo.es/europedirect