Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O xoves 23 de decembro disputarase a VIII edición do Torneo de Xadrez do Nadal


# Martes, 21/12/2010
A actividade terá lugar o xoves 23 de decembro, dende as 16.00 ata as 20.00 horas, nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico López Mella 

A Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, a Concellería de Deportes, a Asociación Cultural Xaquedrum, e o Grupo El Progreso, organizan un ano máis o Torneo de Xadrez do Nadal, actividade englobada dentro do programa Xadrez para Todos.

Este torneo celebrarase no Parque Infantil de Tráfico López Mella o vindeiro xoves día 23 de decembro dende as 16.00 horas ás 20.00 horas. A entrega de premios está prevista para as 20.00 horas.

O obxectivo de esta actividade é o de ofrecer alternativas de ocio onde poidan participar toda a familia nas épocas de vacacións e, ó mesmo tempo, crear un espazo de convivencia entre as mozas e mozos que comparten as mesmas inquietudes.

Todos os participantes xogarán cinco partidas e haberá un pequeno agasallo para cada un deles, ademais, haberá trofeos e medallas para os mellores clasificados nas seguintes categorías:

-Sub 8
-Sub10
-Sub12
-Sub14
-Sub18
-Familiares e acompañantes.

A inscrición é gratuíta e se pode facer no teléfono 657.974.937 ou a través da dirección de correo electrónico: xaquedrumarrobagmail.com

xaquedrum.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova