Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A IX edición do Torneo Internacional de fútbol sala de base "Cidade de Lugo" reunirá a 114 equipos e 1.400 deportistas


# Martes, 21/12/2010
A primeira fase disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro. A fase final será os días 2, 3 e 4 de xaneiro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Os partidos xogaranse no Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar e o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, o Responsable da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo, Antón Veiga, o Xefe de Servizo Provincial da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, a Xerente de Transportes Azkar en Lugo, Fina López, e o Xerente da Fundación Azkar, Óscar Hermida, presentaron esta mañá a IX edición do Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo.

Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, “este torneo, que xa vai pola súa novena edición, é un referente nas categorías bases do fútbol sala a nivel nacional”. Este ano,o torneo contará con 114 equipos participantes de Galicia, Portugal, Ucrania, Castela a Macha, Cataluña, Comunidade de Madrid, Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia.

A primeira fase do torneo disputarase os días 26, 27 e 28 de decembro e terá 70 equipos participantes. A fase final será disputada por 52 equipos e terá lugar os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Entre as dúas fases haberá 1.400 xogadores/as que participan nas distintas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino e feminino). Segundo sinalou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, “este é xa o terceiro ano consecutivo que existe neste torneo unha categoría feminina”.

Os partidos xogaranse en distintas instalacións deportivas da cidade, como o Centro Deportivo Terra, a Casa do Deporte, o Polideportivo O Palomar e o Palacio Municipal dos Deportes de Lugo.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova