Cargando....
Concello de Lugo
05/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentada unha nova guía de horarios dos autobuses urbanos que inclúe os novo servizo de buses ó HULA


# Martes, 21/12/2010
A Concellería de Transportes editou 10.000 exemplares da guía co patrocinio do Centro Comercial das Termas

Imaxe Asociada

Máis de 5.800 persoas usaron os buses ó novo Hospital do 22 de novembro ó 16 de decembro



O Concelleiro de Transportes, José Rábade, presentou hoxe unha Guía de horarios dos autobuses urbanos de Lugo, nun acto no que estivo acompañado por Francisco Lambea, xerente do Centro Comercial As Termas, que patrocina a edición da guía.

Rábade explicou que a guía xa inclúe o novo servizo de autobuses ó Hospital Lucus Augusti que funciona, desde onte, durante todo o día e de luns a domingo.

O Concelleiro de Transportes dixo que, desque se puxeron en marcha os autobuses urbanos que comunican co Hospital, o 22 de novembro, ata o 16 de decembro usaron este servizo unha media diaria de 323 persoas e un total de 5.810 usuarios. Estes datos correspóndense co período no que os buses funcionaban só polas mañás e de luns a venres porque só había actividade no novo Hospital neses horarios.

José Rábade tamén anunciou que “atendendo as peticións que fixeron varios colectivos, introducimos algunhas modificacións nos horarios dos buses ó Hospital consistentes en anticipar ás 8.35 e 14.35 os buses que saían da Ronda da Muralla ás 8.50 e 14.50, para que os usuarios poidan chegar a tempo ás consultas previstas ás 9.00 e ás 15.00”.

Outra novidade que figura na guía de horarios dos autobuses urbanos é que xa non aparece o recorrido do autobús pola rúa de San Marcos porque as obras de peonalización desta rúa provocarán que se desvíe o traxecto do bus.


O Concelleiro de Transportes indicou tamén que se editaron 10.000 exemplares da guía e que se lle dará a maior difusión posible para animar ós cidadáns a facer uso do transporte público. Para facilitar esa difusión, as guías distribuiranse nos Centros Cívicos, no Centro Comercial As Termas, nas Asociacións de Veciños, na Oficina de Atención ós Cidadáns, e tamén estará accesible na web do Concello www.lugo.es.


Se quere información sobre todas as liñas regulares, servizos especiais, horarios e normas para usuarios, descargue a guía completa de autobuses (arquivo PDF 3.4 MB)

Información das rutas de autobús das liñas do HULA - Hospital Lucus Augusti

www.lugo.es/ws/transportes

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova