Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Na actualidade non hai listas de espera nos Centros de Convivencia nin para a axuda a domicilio


# Martes, 21/12/2010
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade anunciou un incremento nos orzamentos de 2011 de 200.000 euros para o servizo de axuda a domicilio

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Consello Local de Servizos Sociais acorda instar a Xunta a manter a actual cesión de uso do vello hospital, e ampliar dita cesión a un “uso socio-sanitario”


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentou hoxe en rolda de prensa os diversos asuntos tratados no Consello Local de Servizos Sociais celebrada no dia de onte.

Así, Carmen Basadre deu conta das actuacións realizadas e dos obxectivos cumpridos para este ano 2010 como a posta en marcha do Centro de Convivencia-Casa das Linguas María Balteira, sito na Piringalla, que segundo sinalou “está traballando a pleno rendemento”, así como unha ocupación do 100% das prazas do Centro de Día Antonio Gandoy, sinalando que “na actualidade, non existe lista de espera no referente á prestación de prazas nos centros de día nin para a axuda a domicilio”.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade destacou o incremento nos orzamentos para o vindeiro ano en 200.000 euros para o servizo de axuda a domicilio, incrementando de igual xeito o número de horas a 26.740, pasando de 133.700 horas en 2010 a 160.440 horas para 2011, o que supón a redución no prezo/hora, sendo o actual prezo/hora de 13,80 €/hora, tanto para o servizo ordinario como para o extraordinario, o que segundo destacou, “permitirá un incremento no número de horas a prestar e o correspondente aforro económico”.

Polo que respecta aos Centros de Día Municipais, a Concelleira destacou a ocupación do cen por cen e sen lista de espera dos centros, un total de 94 prazas, e sinalou que esta é “unha prestación non financiada autonomicamente e pola que segue a apostar o Concello de Lugo”. Do mesmo xeito, Carmen Basadre destacou o aforro no Centro de Día Antonio Gandoy, pasando de 536.500 euros no ano 2010, por xestión do centro e servizo de comida, a 420.000 euros nos orzamentos aprobados para 2011. Segunda destacou, “esto é debido a unha eficaz xestión do servizo, que permitiu que o prezo ofertado polas empresas adxudicatarias do servizo sexa inferior, o que permite atender un maior número de prazas cun custo inferior”.

As horas de atención aos dependentes son, segundo anunciou Basadre, de 120.000 horas de axuda a domicilio, o que supón un importe de 1.475.052,13 euros, segundo sinalou, “a falta do mes de decembro, no que se alcanzaría aproximadamente o 1.800.000 euros, recibimos da Xunta de Galicia 1.000.042 euros, o resto o pon o integramente o Concello de Lugo”.

Polo que respecta ao Fogar do Transeúnte, a Concelleira de Benestar Social e Igualdade sinalou que aínda está pendente a continuación da tramitación do proceso de permuta coa Deputación de Lugo, materializada na recuperación das 3 naves propiedade do Concello de Lugo e a cesión da actual nave do Fogar do Transeúnte a Deputación.

Carmen Basadre deu conta de non ter recibido financiamento por parte da Comunidade Autónoma e solicitada vía subvención tanto no eixe Plan Concertado como a través de escola-taller por parte da Fundación Secretariado Xitano, se ben destacou a intención de seguir a buscar novas fontes de financiamento que permitan a posta en marcha de locais independentes para comida e pernocta así como a creación dunha aula de formación.

O vello hospital

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, anunciou os acordos tomados no Consello Local de Servizos Sociais en referencia ás instalacións do vello hospital, instando a Xunta de Galicia a promover, xunto coa Tesourería da Seguridade Social o estudo das condicións da propia estabilidade da estrutura do edificio, e se fose o caso, proceder ó derribo no caso de que os informes técnicos o aconsellen e en segundo lugar, instar a manter, por parte da Comunidade Autónoma, a actual cesión de uso e ampliar dita cesión a un “uso socio-sanitario” para segundo sinalou a Concelleira, “ter unha residencia de persoas dependentes ou asistidas, da que tanta necesidade temos no Concello de Lugo”.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova