Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nova sinalización da estrada do Rato para garantir a seguridade dos seus usuarios


# Martes, 21/12/2010
Esta actuación, realizada pola Deputación, incluíu a instalación dunha decena de sinais indicativos de redución de velocidade, de curvas perigosas e de pavimento deslizante

Hoxe quedou instalada a nova sinalización da estrada provincial da CP 2925, que discorre polo contorno do Rato co obxectivo de solucionar e reducir o alto índice de sinistralidade que ten esta vía. Foron varios os vehículos que se saíron da calzada ó longo deste ano e que caeron a ambas marxes do paseo, chegando incluso ás proximidades do río. O último sinistro aconteceu no mes de novembro.

A actuación, que levou a cabo a Deputación, consistiu na colocación ó longo do vial, que ten unha lonxitude de 3,5 quilómetros, dunha decena de sinais indicativos de límite de velocidade a 30 e 50 quilómetros por hora, perigo indefinido, pavimento deslizante, ceda o paso e curvas perigosas. O organismo provincial acomete esta actuación dentro da Conservación da rede viaria de 2010, na que se investiron máis de 11 millóns de euros.

Sinalización vertical e horizontal

Ademais, esta estrada incluíse no Plan de Sinalización que o organismo provincial rematou no mes de setembro e que contou cun investimento de 2,2 millóns de euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova