Imprimir

O ALCALDE ASISTIU Á SINATURA DO CONVENIO ENTRE FOMENTO E O OBISPADO PARA A RESTAURACIÓN DA CATEDRAL DE LUGO


21/12/2010

O Alcalde, José López Orozco, asistiu hoxe, en Madrid, ó acto de sinatura do convenio entre o Ministro de Fomento, José Blanco, e o Bispo, Alfonso Carrasco, para a restauración da Catedral de Lugo.

A iniciativa é unha das 45 actuacións que levará a cabo o Ministerio en toda España nas que o Goberno investirá 28.138.560,04 euros.

Na Catedral de Lugo vanse executar dous proxectos: a restauración da fachada principal e a restauración da Capela Maior e Tansepto que contarán cun investimento total de 455.739,28 e 684.995,37 euros respectivamente.

A Lei do Patrimonio Histórico establece que o 1% do presuposto total de execución das obras públicas se adique a financiar traballos de conservación ou enriquecemento do Patrimonio Histórico Español ou de fomento da creatividade. As actuacións desenvólvense en inmobles declarados de interese cultural ou semellantes.

Ademais do proxecto de rehabilitación da Catedral de Lugo, o Ministro José Blanco tamén asinou outro para rehabilitar o Pórtico Real da Catedral de Santiago de Compostela.