Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha sentenza do TSXG avala o modelo de Policía Local do Concello de Lugo


# Mércores, 22/12/2010
O Concelleiro de Protección da Comunidade destacou que a sentenza non fai nin un só reproche á actuación municipal e demostra se fixeron ben as cousas

Rábade considera que a Policía Local está ben retribuída e que o fallo xudicial é bo tanto para o Goberno local como para os cidadáns


O Concelleiro de Protección da Comunidade, Réxime Interior e Transportes, José Rábade, deu a coñecer hoxe unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que desestima un recurso presentado polo sindicato CSIF contra a reestruturación da Policía Local.

Rábade manifestou que a sentenza do Alto Tribunal Galego “avala o noso modelo de Policía Local, que saíu adiante co apoio do BNG e a oposición, como sempre do Partido Popular”. “Eu dixen naquel pleno que me gustaría que esta reestruturación fora válida para calquera Equipo de goberno e creo que esta sentenza vén avalalo”, indicou o Concelleiro.

Para José Rábade, o fallo xudicial “demostra que fixemos ben as cousas e que, como dixemos daquela, a Xustiza acabaríanos dando a razón”. Tamén sinalou que a decisión do Tribunal Superior de Galicia “vén poñer as cousas no seu sitio de maneira definitiva porque demostra que todo o que fixemos foi feito de maneira coherente”.

Lembrou Rábade que o sindicato CSIF recurriu o decreto de reestruturación da Policía Local por cinco motivos e a sentenza “avala a nosa forma de proceder e non hai nela un só reproche á actuación municipal”.

Para o Concelleiro de Protección da Comunidade a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “é boa non só para o Equipo de goberno, tamén o é para todos os cidadáns porque pon as cousas no seu sitio”. Rábade engadiu que “temos unha Policía Local ben retribuída e demóstrase que as reivindicacións retributivas non tiñan moita lóxica”.

O responsable municipal da Policía Local explicou que no recurso argumentábase que a reestruturación da Policía Local non fora negociada e o TSXG di que sí a houbo.

A decisión do Alto Tribunal galego avala, ademais, a reclasificación das prazas e a creación da escala facultativa, e o CSIF aínda na última mesa negociadora pedía a supresión da escala facultativa.

Tamén avala a sentenza a creación da Axencia de Mobilidade, explicou Rábade, un corpo do que di o máximo Tribunal de Galicia que non pertence á Policía Local pero sí está dentro da Concellería como o están Protección Civil e os Bombeiros, e ten competencias claras como establece a lexislación.

Ademais, o fallo xudicial dálle a razón ó Goberno local en que o Concelleiro de Protección da Comunidade era competente para formular a proposta de reestruturación, algo que tamén poñía en cuestión o recurso.

E, por último, a sentenza do Tribunal Superior de Galicia dálle a razón ó Goberno local na redución do complemento específico. Respecto a esta cuestión, Rábade salientou que “toda a estrutura retributiva que implantamos na Policía Local o TSXG vén a avalala e dálle carta de natureza”.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova