Cargando....
Concello de Lugo
13/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Os alumnos do Telecentro do Castiñeiro recibiron os seus diplomas


# Mércores, 22/12/2010
A Concelleira de Servizos Xerais fixo entrega a preto de medio cento de alumnos dos diplomas que acreditan a súa asistencia aos distintos cursos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
Con iniciativas como esta o Concello pretende achegar a tódolos veciños e veciñas de Lugo o uso das Novas Tecnoloxías.


A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, entregou onte dos diplomas aos asistentes dos cursos que se impartiron dende o pasado mes de setembro no Telecentro do Castiñeiro. Ao acto asistiron preto de medio cento de alumnos que participaron nalgún dos cursos ofertados polo Concello de Lugo. As actividades no Telecentro do Castiñeiro están a ter moitísimo éxito, posto que na maioría dos cursos os 15 ordenadores sempre están ocupados.

Na Aula Multimedia do Castiñeiro séguese levando a cabo unha programación formativa dirixida a toda a poboación e da que xa se beneficiaron no último ano máis de 120 persoas, que se inscribiron nos distintos cursos que se ofertan neste telecentro da cidade, por exemplo sobre iniciación á informática, Internet ou redes sociais. Os beneficiarios destes cursos foron, sobre todo, xente maior de 45 a 75 anos e nenos.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova