Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Praza de Abastos conta cun novo viveiro de marisco creado coas axudas do Plan Urban


# Xoves, 23/12/2010
As Concelleiras de Servizos Xerais e Economía e Emprego asistiron esta mañá a inauguración do novo posto na Praza de Abastos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Este ano as axudas do Plan Urban beneficiaron a seis novas empresas cunha subvención de 58.071 euros

O vindeiro ano as axudas para a creación de novas empresas do Plan Urban ascenderá a 150.000 euros


A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, visitaron esta mañá a Praza de Abastos para asistir a inauguración dun viveiro de marisco creado coas axudas do Plan Urban.

Este ano creáronse, baixo as subvencións do Plan Urban, seis novas empresas na cidade de Lugo, con actividades tan diversas como os servizos publicitarios, unha óptica, un taller de costura, unha asesoría ou un posto de venta de marisco. A inversión total destas empresas foi de 165.662 euros, dos que 58.071 euros foron subvencionados polas axudas do Plan Urban. Estas seis empresas crearon 13 novos postos de traballo, dos que 7 son ocupados por mulleres. Para o vindeiro ano 2011 a partida de axudas para a creación de novas empresas baixo o Proxecto Urban será de 150.000 euros.

Axudas a novas actividades económicas Plan Urban

Con data 26 de agosto de 2010 o BOP de Lugo publica as axudas convocadas dende o Proxecto URBAN do Concello de Lugo dirixidas á implantación de novas actividades económicas na zona URBAN. Trátase de subvencións á inversión a fondo perdido en locais baleiros do casco histórico sempre que se xere novo emprego. Tendo en conta que os índices de desemprego feminino son superiores aos do desemprego masculino, apoiase de forma máis intensa a creación de postos de traballo ocupados por mulleres en aplicación do principio de igualdade de oportunidades. Tamén se apoian os traslados de empresas dende os viveiros da cidade (do propio Concello, da CEL e da Cámara de Comercio).

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova