Imprimir

LUGO10 É O MOTIVO DO CALENDARIO DE 2011 EDITADO POLO CONCELLO


27/12/2010

A Concellería de Servizos Xerais, que dirixe Luisa Zarzuela, acaba de editar o calendario de 2011 que está adicado ó programa Lugo10.

O calendario está ilustrado con fotografías das numerosas actividades conmemorativas do décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial pola UNESCO que se celebraron durante este ano.

Segundo informou a Concellería de Servizos Xerais, a tirada é de 5.000 calendarios que se repartirán de xeito gratuíto na Oficina Municipal de Consumo e tamén se enviarán a distintos organismos oficiais e centros escolares.

www.lugo10.es