Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde presentoulles a Memoria de Lugo10 ós patrocinadores do programa que conmemorou o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial


# Luns, 27/12/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde, José López Orozco, presentoulles hoxe a Memoria de Lugo10 ós patrocinadores do programa conmemorativo do décimo aniversario da declaración da Muralla romana como Patrimonio Mundial pola UNESCO nun acto que se celebrou esta mañá no salón de plenos do Concello.

O Alcalde explicou que coa presentación da Memoria trátase de “dar contas ós patrocinadores, como faremos coa oposición, do traballo que se fixo neste programa” do que dixo que “foi un éxito extraordinario”. O Alcalde agradeceu o apoio que lle deron todos os patrocinadores a Lugo 10, tanto empresas como institucións, entre as que mencionou a Deputación provincial á que lle agradeceu a disposición que sempre ten a colaborar co Concello, o Ministerio de Fomento, ou a ONCE que, ademais de colaborar no programa de actos, editou en braille a Memoria de Lugo10 para facela accesible ás persoas invidentes.

Para o Alcalde, todo o esforzo feito “mereceu a pena como o demostra que, segundo datos do INE, a nosa foi a cidade de Galicia que rexistrou maior aumento no número de visitantes” e sinalou que ese aumento debeuse ó Xacobeo, pero non só a el, xa que “tamén houbo Xacobeo na Coruña ou nas Rías Baixas pero foi na nosa cidade onde máis medraron os visitantes cun 18,9%, segundo os datos do INE” Ademais salientou López Orozco que o aumento de turistas “foi continuado desde a declaración da Muralla como Patrimonio Mundial”.

En todo caso, o Alcalde sinalou que “non todo está feito” e sinalou que os seguintes retos son lograr o recoñecemento pola Xunta do Arde Lucus como festa de interese turístico galego como paso previo a que sexa declarado como festa de interese turístico nacional, o potenciamento da Semana Santa ou dar a coñecer o Río Miño.

López Orozco tamén salientou que “agora o importante é continuar con este traballo, polo que queremos que sigan abertas algunhas fiestras como son a web, as redes sociais e a programación turística para seguir resaltando tanto a Muralla como eses dez monumentos que ninguén se debe ir de Lugo sen coñecelos”.

A Memoria de Lugo10 recolle o balance deste programa que incluíu orredor dun cento de actos que se celebraron grazas a participación e apoio de empresas e institucións que patrocinaron ou colaboraron dalgún xeito con este programa de actividades impulsado polo Concello: Deputación de Lugo, Urbaser, Gestagua, Asogal, Larsa, Mod Producciones, Fundación Cesar Egido Serrano, Inpe, Calfensa, Emetel, Laboratorios Nupel, Fundació Azkar, Grupo Lareira, Transportes Valín e Hijos, Ribeira Sacra, Telefónica, Seur, Monbus, CocaCola e ONCE.


www.lugo10.es

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova