Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social lamenta que a Xunta non dote de presuposto o Plan de Inclusión para 2011


# Martes, 28/12/2010


A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, denunciou hoxe que o ano que vén non haberá Plan de inclusión porque non figura nos presupostos da Xunta para o ano 2011.

A Concelleira, que se reuniu xunto co resto de concelleiros da área de Benestar das grandes cidades galegas coa Secretaria Xeral de Familia da Xunta, Susana López Abella, manifestou que “así o admitiu a Secretaria Xeral quen nos dixo que tiñan que recortar en algo e ese recorte faise precisamente polos máis vulnerables, persoas con moitas dificultades económicas e sociais que, mesmo, carecen de vivenda”.

Carmen Basadre dixo que deste Plan se beneficiaban orredor de 3.700 persoas nas sete grandes cidades e no Consorcio das Mariñas e explicou que a Secretaria Xeral “a única esperanza que nos deu foi que o ano que vén se daría preferencia nos Plans de Cooperación á contratación de persoal que traballa neste campo para poder ir tirando”.

Basadre indicou que algúns Concellos “xa tiveron que despedir ós equipos que tiñan contratados desde 2001 e os que temos persoal funcionario, como Lugo, non poderemos facer seguimento do programa coa Xunta, nós adicaremos unha persoa a labores de orientación laboral cos servizos de Emprego que ten o Concello mentres que a traballadora social e a educadora pasarán a outros servizos nos que tamén temos demanda”.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova