Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde asina o Plan do Transporte Metropolitano de Lugo


# Mércores, 29/12/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou este mércores o Plan do Transporte Metropolitano de Lugo, nun acto presidido polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que participaron o Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio e os Alcaldes dos outros sete Concellos incluídos neste Plan: Castro de Rei, Outeiro de Rei, Friol, O Corgo, Guntín, Castroverde e Rábade.

Trala sinatura do Plan do Transporte Metropolitano, que é o cuarto de Galicia tralos de Santiago, A Coruña e Ferrol, o Alcalde salientou que “os grandes países fanse con grandes acordos” e sinalou que este Plan contribuirá a que os oito concellos dispoñan dun transporte público máis rápido, máis barato e que axudará á conservación do medio ambiente.

José López Orozco tamén destacou o esforzo que está a facer o Concello de Lugo para dotar dun bo servizo de autobuses urbanos que comunican co Hospital Lucus Augusti, onde tivo lugar a sinatura e presentación do Plan de Transporte Metropolitano de Lugo. Explicou que o Concello adica 400.000 euros máis ó transporte público coa creación das novas liñas de buses ó Hospital.

Para o Alcalde de Lugo, a sinatura de hoxe “é un primeiro paso” para favorecer unha mellor comunicación mediante transporte público de Lugo e os Concellos limítrofes e dixo que agora “temos que convencer a tirios e troianos de que non hai mellor medio para desprazarse que o transporte público”.

López Orozco loubou o traballo coordinado entre distintas administracións, Concellos, Deputación, Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia, e asegurou que “en Lugo, a pesar dos problemas económicos do momento, non lle temos medo ó futuro”


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova