Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Visita do Alcalde ás obras de Mestre Soutullo e Músico Falla executadas con cargo ó Fondo de Emprego e Sostenibilidade


# Mércores, 29/12/2010
En Lugo investíronse 26 millóns e contratouse a 1.500 traballadores nos dous últimos anos co Plan financiado polo Goberno de España

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado polos Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez, e de Infraestruturas, José Piñeiro, efectuou hoxe unha visita as obras feitas nas rúas Mestre Soutullo e Músico Falla con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local do Goberno de España.

O Alcalde destacou que no Concello de Lugo investíronse con fondos do Plan Feil 26 millóns de euros, nos dous últimos anos, que se invertiron en obras, agás dous millóns que se adicaron a gasto social.

Para o Alcalde, a importancia do Plan que puxo en marcha o Goberno de España para os Concellos radica tanto na posibilidade de executar obras necesarias e atender ós servizos sociais, como na repercusión económica destes investimentos, xa que “permitiron contratar 1.500 traballadores e tamén darlle ocupación ás empresas nun momento de crise”.

No caso das rúas Mestre Soutullo e Músico Falla, as obras supuxeron un investimento de case 450.000 euros que se adicaron á renovación de beirarrúas e de todos os servizos das dúas rúas. O rexedor municipal sinalou que “os veciños están moi satisfeitos coa obra que agora imos rematar cunha actuación consistente en fresar a capa de cemento para botarlle aglomerado quente”. O investimento previsto nesta nova actuación é de 45.000 euros que correrá por conta do Concello, segundo anunciou o Alcalde.

José López Orozco tamén manifestou que o vindeiro ano Lugo disporá dun millón de euros do Plan Complementario da Deputación provincial, que se adicará a Duquesa de Lugo e ó contorno do río Miño. E a Deputación, a través do Plan Lugo Emprega, aportará outros 730.000 euros que permitirán contratar desempregados co que se contribuirá a paliar a situación creada pola diminución de contratos concedidos pola Xunta dentro do Plan de Cooperación e pola negativa, por primeira vez, dos Obradoiros de Emprego que tiña solicitado o Concello de Lugo.

Por último o Alcalde anunciou a próxima contratación do proxecto que se executará na rúa Pico Sacro, comprometido cos veciños da zona das Gándaras. López Orozco indicou que o proxecto xa está feito e poderá contratarse tan pronto entren en vigor os Orzamentos municipais de 2011.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova