Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Cabalgata de Reis chega a Lugo repleta de sorpresas


# Luns, 03/01/2011
A Cabalgata dos Reis Magos sairá dende o Parque da Milagrosa as 18.00 horas e chegará a Praza Maior sobre as 19.00 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
No seu percorrido polas rúas da cidade, a comitiva real repartirá 1000 quilos de caramelos

Este ano a Cabalgata contará coa presenza de personaxes animados tan coñecidos como Bob Esponja, Dora la Exploradora ou Pocoyó



A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou esta mañá o percorrido e as novidades que este ano presentará a tradicional Cabalgata dos Reis Magos. Será o mércores día 5 de xaneiro a partir das 18:00 da tarde cando todos os nenos e nenas da cidade de Lugo poderán gozar da Cabalgata dos Reis Magos, que realizarán o seu itinerario habitual desde o parque da Milagrosa ata a praza Maior.

Como todos los anos, Os Reis Magos chegan a Lugo desde Oriente despois de pasar por distintos países, con distintas culturas, idiomas e climatoloxía, guiados por dous anxos e unha bolboreta. A Cabalgata partirá dende o Parque de Frigsa e ascenderá pola rúa Montefaro cara a Avenida da Coruña, Porta de San Fernando, Praza de Ferrol, rúa de San Marcos, Praza de Santo Domingo, rúa da Raíña e rematará, sobre as 19.00 horas, na Praza Maior.

Segundo anunciou a Concelleira de Cultura, “este ano os Reis Magos contan para distribuír os regalos coa axuda de distintos medios de transporte como cabalos da época de Lucus Augusti, tractores da asociación AGAMAC, carrozas reais e ata un tren fantástico, ademais traen con eles unha comitiva formada por distintos colaboradores que lles axudarán a transportar e repartir todos e cada un dos pedidos que recibiron, para iso contan por suposto co traballo dos paxes reais, coa inestimable axuda das asociacións lucenses Caetrum e Corazones Artesanos, así como con pastores, os nenos do goberno infantil e outros voluntarios, ademais non puidemos evitar a asistencia de Bob Esponja, Dora la Exploradora e Pocoyó que insistiron en vir saudar e animar xunto cos Reis Magos aos nenos e nenas de Lugo nunha data tan especial”.

A Cabalgata de Reis deste ano, composta por catro carrozas e catro comparsas, ten unha duración prevista dunha hora, e repartirá aproximadamente 1.000 quilos de caramelos. Como todos os anos, os nenos que o desexen poderán asistir a Recepción dos Reis, onde se lles obsequiará cunha das 2.500 bolsiñas de golosiñas que terán preparadas as súas Maxestades.

Nuria Mundiña animou a todos os lucenses a asistir a Procesión Real para disfrutar desta Cabalgata, e sinalou que “nos tan só vos pedimos que teñades precaución coas rodas dos vehículos porque así poderemos disfrutala todos moito mellor”.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova