Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Xeral de Ordenación Municipal xa pode ser consultado na páxina web do Concello de Lugo


# Martes, 04/01/2011


O pasado mércores día 30 de decembro de 2010, o Concello de Lugo aprobou o PXOM por maioría absoluta. O documento recibiu os votos favorables dos dous grupos maioritarios da corporación municipal PSOE e PP e o voto en contra do BNG.

O acordo adoptado polo Pleno da Corporación local supón o último pulo que lle pode dar o Concello ó Plan Xeral. Este é o último paso no que é competente a Administración municipal xa que é a Xunta de Galicia a institución con competencias para darlle a aprobación definitiva.

Tal e como se comprometeu o equipo de goberno, os documentos, que polo momento e ata a aprobación definitiva por parte da Xunta son provisionais, poderán ser consultados, a partir de hoxe, na páxina web do Concello de Lugo, www.lugo.es.

É importante destacar que queda prohibida a copia ou manipulación de ditos documentos, propiedade do Concello de Lugo, que poderán ser visualizados en formato pdf. Nalgúns casos, e debido ao peso dos documentos, non é posible visualizalos vía web, así, será necesario descargar o documento e gardalo no equipo. Para os documentos comprimidos en .zip será necesario descargalos e gardalos e despois descomprimilos co programa habitual.

www.lugo.es/ws/pxom

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova