Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O sábado disputarase a primeira edición do Trofeo Internacional de Reis de Pentatlón Moderno


# Mércores, 05/01/2011
A proba deportiva disputarase o sábado día 8 de xaneiro no Pazo Provincial dos Deportes e na Piscina municipal de As Pedreiras

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O I Trofeo Internacional de Reis, presentado hoxe polo Concelleiro de Deportes, inclúe probas de natación, esgrima e combinada

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto co xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, e o Presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva, presentaron esta mañá o I Torneo Internacional de Reis de Pentatlón Moderno.

A competición deportiva, que se celebrará este sábado día 08 de xaneiro, dará comezo as 08.30 horas coa proba de natación, que se disputará na Piscina municipal de As Pedreiras. As 09.45 horas chegará o turno da esgrima, proba que terá lugar no anexo ao Pazo Universitario. A última modalidade é a combinada, que se disputará as 13.30 horas nas pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera. As 14.15 horas está prevista a entrega de premios.

Nesta primeira edición do Trofeo participan a Selección Portuguesa, có campión absoluto portugués Alfonso Pegaro, a selección Galega có campión absoluto Cristobal Rodríguez, e a selección Australiana. En total son 60 participantes entre as distintas categorías, dende alevín ata absoluta.

Ao acto de presentación do Trofeo acudiron tres campións de España en tres categorías distintas. Joel Rois, campión de España infantil, Arua Freije, campiona de España en categoría alevín e Cristobal Rodríguez Fidalgo, campión absoluto de 2010. Un éxito que destacou o Presidente da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva, que sinalou que “sen dúbida o ano 2010 foi o mellor ano para o Pentatlón Galego”.

O Concelleiro de Deportes animou a todos os lucenses a acudir as distintas probas do Trofeo, e sinalou que “agardo que para a segunda edición do Trofeo, no vindeiro ano 2012, teñamos a disposición dos atletas o módulo cuberto de atletismo que a Deputación sacará en breve a concurso para a súa construción e que sen dúbida contribuirá a mellorar os adestramentos dos atletas”.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova