Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contribúe a creación de tecido empresarial e emprego na cidade


# Mércores, 05/01/2011
O Concello axudou a crear 54 empresas e 103 postos de traballo, 13 deles polo Plan Urban

Imaxe Asociada
A Concellería de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe en rolda de prensa novos datos sobre a creación de empresas e postos de traballo desenvoltos polos Concello de Lugo. Así, e segundo destacou a Concelleira, 54 empresas foron creadas na cidade co apoio do Concello. Estas empresas crearon 106 postos de traballo, 13 deles dos proxectos do Plan Urban.

Segundo sinalou Sonia Méndez, “trátase dun dato alentador, que responde ao esforzo que desde 2008 se realizou polo Concello en resposta á crise. Por un lado incrementouse o persoal do CEI para as tarefas de asesoramento a emprendedores e por outro, e por primeira vez, o Concello conta cunha liña de axudas económicas para a posta en marcha de empresas grazas ao Plan Urban”. Así, o número de empresas creadas desde o Concello duplicouse desde o ano 2008, pasando de 27 a 54, sen incluír as empresas instaladas no CEI, na actualidade 32.

Sonia Méndez destacou que ademais do apoio, asesoramento e acompañamento no inicio empresarial, “o Concello tramitou a estes emprendedores subvencións para o inicio da actividade por un total de 508.000 euros, sendo 58.000 euros do propio Concello a través do Plan Urban”.

Por outra banda, a Concelleira de Economía e Emprego destacou que mentres a Xunta de Galicia segue sen asumir as súas responsabilidades en materia de emprego, o Concello asume máis competencias das que lle competen, e sinalou que a Xunta debe facer un reparto máis equitativo en materia de emprego, destacando o caso das escolas taller, onde segundo sinalou, “hai un reparto caciquil dos fondos públicos, incluso do FSE, destinados ao emprego. Así, Lugo queda sen escolas taller mentres que Concellos gobernados polo PP con 90 parados si as teñen”, e sinalou que “debería facer como fai a Deputación de Lugo, que fai o reparto en función de parámetros obxectivos”.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova