Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Incidencias rexistradas na mañá do día 6 de xaneiro por mor das intensas choivas


# Venres, 07/01/2011
O Concello mobilizou operarios da brigada de obras, do parque móbil e de empresas privadas, a maiores dos efectivos da Policía Local, bombeiros e Protección Civil que estaban de quenda para solventar estes incidentes

Dende primeira hora da mañá do día de Reis a Policía Local rexistrou avisos en diferentes puntos da cidade provocados pola intensa choiva que caeu.

Os incidentes rexistráronse nas seguintes zonas:

En As Regas -A Campiña por mor das obras que se fixeron na zona, eliminando as cunetas, a auga entraba nas fincas colindantes.

Na estrada de Santiago, o paso subterráneo próximo o concesionario da BWM anegouse. Os bombeiros desprazáronse ata o lugar para levantar as tapas dos sumidoiros e solucionar o anegamento.

Tamén os bombeiros achicaron un total de 5000 litros de auga dun garaxe anegado na estrada vella de Santiago.

Anegouse un local comercial da Rúa San Pedro polas filtracións de auga do piso superior.

En Cotón de Arriba inundouse un garaxe por mor do anegamento da finca do que está situado.

En San Xoán do Campo, concretamente no Km 8 da estrada de Lugo a Portomarín, entrou auga nunha vivenda por mor do anegamento da calzada.

Na estrada do Rato a Policía Local sinalizou con balizas unha bolsa de a auga.

No polígono de O Ceao, en fronte a Leche Río, un vehículo quedou atrapado nunha bolsa de auga.

Aneugouse un camiño en Corbelle por mor das obras do entroque na Estrada de Santiago.

Na Ronda de Fingoi 127 o desbordamento dun pozo fixo que o baixo colindante se anegara. Os bombeiros teñen alí unha bomba de achique.

Unha nave próxima a de Monbús, no Polígono da Louzaneta, anegouse provocando perdas materiais ( conxeladores, comida, animais tales como coellos e pavos reais). O Concello mandou alí dúas palas realizar as obras precisas para desviar a auga.

En Bosende nº 9 deron aviso de anegamento dun camiño, dunha finca e dun alpendre do que tiveron que desaloxar os animais que tiñan alí.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova