Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo entrega os premios da XVI edición do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo


# Mércores, 12/01/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto coa Concelleira de Educación, Dolores Viveiro, e membros da Corporación Municipal, fixeron entrega esta mañá, no Salón de Plenos do Concello de Lugo, de cinco dos seis premios recollidos nas bases do certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo.

Na categoría de 12 a 14 anos, o xurado outorgou o primeiro premio, consistente nun diploma, un lote de libros e un premio valorado en 200 euros a Lorena Barrera López, coa obra O seguedo daquel verán, do IES Monte Castelo de Burela. O segundo premio nesta mesma categoría, consistente nun diploma, un lote de libros e un premio valorado en 100 euros, foi para Amara Chao Durán, coa obra Á miña amiga, do IES Monte Castelo de Burela. O terceiro premio na categoría de 12 a 14 anos quedou deserto ao considerar o xurado que os traballos presentados non reunían a calidade suficiente requirida neste certame.

Na categoría de 15 a 18 anos o primeiro premio, un diploma, un lote de libros e un premio valorado en 250 euros, recaeu en María Elena López González coa obra Miguel, do Centro A nosa Señora da Asunción de Sarria. O segundo premio, consistente nun diploma, un lote de libros e un premio valorado en 150 euros, foi para Nuno García Pico, coa obra Fracaso absoluto, do IES Perdouro de Burela. O terceiro posto recaeu en Brais Lamela Gómez, coa obra Non sabedes nada da maldade, do IES Basanta Silva de Vilalba e o premio consistiu nun diploma, un lote de libros e un premio valorado en 100 euros.

O Alcalde de Lugo felicitou aos premiados e animounos a seguir disfrutando coa escritura e tamén coa lectura. Ademais, destacou a gran calidade dos traballos presentados este ano ao certame.

O certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo foi creado fai dezaseis anos en homenaxe ó xornalista e escritor lucense José Trapero Pardo. Ademais de escribir numerosos artigos e diferentes obras, Trapero Pardo foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e
membro da Real Academia Galega. Tamén, dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos entre outras actividades.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova