Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Deportes presenta o plan de inversións para 2011


# Xoves, 13/01/2011
O plan de mellora das instalacións deportivas, que contempla alomenos a realización de dez obras, conta cun orzamento aproximado de 90.000 euros

A Concellería de Deportes contará con dous traballadores financiados polo plan de emprego da Deputación de Lugo que se ocuparán de labores de mantemento

O Concelleiro de Deportes destacou que en 2011 está prevista a construción dun módulo cuberto de atletismo, financiado pola Deputación de Lugo, que se converterá na mellor instalación deportiva deste tipo en Galicia


A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, presentou o plan de inversións para o ano 2011.

Segundo sinalou o Concelleiro de Deportes, este ano continuarase coas tres obras que se atopan en execución: a pista de tenis cuberta (450.000 euros), a remodelación do edificio singular en Frigsa (60.000 euros) e a reconstrución do peche fondo sur na pista de tenis de O Palomar (10.000 euros).

As vindeiras obras a contratar serán as obras complementarias da grada do campo de fútbol Luis López Gorgoso (9.000 euros), a ampliación do local social do campo de O Polvorín (23.000 euros), as melloras do vallado perimetral da pista de hockey do Polideportivo de A Piringalla (14.000 euros) e a reforma dos vestiarios do campo de As Gándaras (60.000 euros).

Plan de mellora das instalacións deportivas

O plan de mellora e mantemento das instalacións deportivas que se desenvolverá ao longo do ano, pretende mellorar as condicións das instalacións existentes có fin de manter e mellorar a calidade das mesmas, favorecendo un bo uso por parte dos usuarios. O plan suporá unha inversión aproximada de 90.000 euros en diversas instalacións:

- Acondicionamento do terreo anexo as pistas de tenis de Frigsa
- Acabados de pintura na Galería de Tiro con Arco
- Acabados de carpintería e fontanería no Polideportivo de A Piringalla
- Repintado interior dos vestiarios do campo de fútbol Luis L.Gorgoso
- Melloras na carpintería, fontanería e pintura do campo de fútbol de A Cheda
- Ampliación das redes perimetrais do campo de fútbol de A Cheda
- Ampliación das redes perimetrais do campo de fútbol de O Ceao
- Ampliación das redes perimetrais do campo de béisbol
- Substitución da cortina separadora de canchas do Polideportivo Piscina
- Zona cuberta para xogadores e espectadores do campo de béisbol

Ademais, a Concellería de Deportes contará con alomenos dous traballadores financiados polo plan de emprego da Deputación Provincial de Lugo, que desenrolarán funcións complementarias de mantemento como desbroces, pintura ou limpeza.

Colaboracións con outras Administracións

No ano 2011 está prevista a construción dun módulo cuberto de atletismo (anexo as pistas Gregorio Pérez Rivera), que será financiado integramente pola Deputación Provincial de Lugo, e que suporá unha inversión aproximada de 1.200.000 euros. Esta obra suporá unha mellora notable nas condicións para a práctica deportiva de varias modalidades deportivas como poden ser o atletismo, o duatlón, o triatlón ou o pentatlón. Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, “esta nova instalación rondará os dous mil metros cadrados e será a mellor instalación deste tipo existente en Galicia”.

Do mesmo xeito, José Manuel Díaz Grandío, sinalou que a Xunta de Galicia está en débeda con Lugo debido a falta de inversións nos últimos anos, e destacou que “agardamos que canto antes acometan algunha obra das que necesitamos. Reiteradamente solicitamos a súa colaboración para mellorar o Pavillón Municipal, unha inversión que estimamos en 600.000 euros, e que suporía unha mellora considerable para unha das instalacións máis emblemáticas da cidade”.




Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova