Cargando....
Concello de Lugo
30/05/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Responsables de Urbanismo das grandes cidades debateron en A Coruña sobre as infraestruturas necesarias para a chegada do AVE


# Xoves, 13/01/2011
A Delegada de Urbanismo, María Novo, asistiu esta mañá á cita no Palacio de María Pita xunto cos Concelleiros de Urbanismo de Ferrol, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Todos os asistentes mostraron a súa satisfacción polo compromiso e implicación do Ministerio de Fomento co proxecto do AVE en Galicia


A Delegada de Urbanismo de Lugo, María Novo, asistiu esta mañá a unha nova reunión do grupo de traballo que reúne de forma periódica aos responsables municipais de Urbanismo das sete grandes cidades galegas.

Nesta ocasión, foi a tenente de alcalde de A Coruña, Obdulia Taboadela, quen exerceu de anfitrioa na reunión que tivo lugar no Palacio de María Pita e á que asistiron, xunto coa Delegada de Urbanismo de Lugo, a Concelleira de Urbanismo de Ourense, Áurea Soto Vázquez; a de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón Ferreiro; e o de Ferrol, Ángel Mato Escalona. Escusaron a súa asistencia ao encontro de hoxe os responsables municipais de Vigo e Pontevedra.

A reunión está enmarcada nos encontros informais periódicos que manteñen os concelleiros de Urbanismo das sete grandes cidades galegas co fin de coordinar o seu traballo, analizar as distintas novidades da lexislación urbanística e intercambiar experiencias de xestión e boas prácticas.

Así mesmo, en cada reunión trátase de forma monográfica un asunto de especial interese. O asunto abordado hoxe foi a posta en funcionamento das grandes infraestruturas necesarias para a chegada do Tren de Alta Velocidade a Galicia e as reformas urbanísticas que leva aparexadas, como son a construción de grandes estacións intermodais, capaces de acoller as novas infraestruturas ferroviarias e as modificacións nos accesos ás urbes. Todos os asistentes mostraron a súa satisfacción polo compromiso e implicación do Ministerio de Fomento co proxecto do AVE en Galicia, que suporá un impulso decisivo para o seu desenvolvemento económico e social.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova