Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá sábado 15 de xaneiro celébrase a popular carreira Nocturna de Reis do circuíto Larsa Corre con Nós


# Venres, 14/01/2011
A proba deportiva contaba onte con 1.524 adultos e 1.272 rapaces inscritos

Os cortes de tráfico comezarán ás 18.15 horas na zona de chegada e irán aumentando polas zonas anexas ata o corte total do circuíto entorno as 19.00 horas e ata ás 20.30 horas

Este sábado, día 15 de xaneiro, terá lugar a segunda proba do circuíto LARSA CCNOS para os adultos e terceira para os rapaces e rapazas. A Nocturna de Reis celebrarase nas inmediacións da avenida Ramón Ferreiro, tendo como referencia a Praza Horta do Seminario para a saída e a chegada dos participantes.

A última hora de onte, xoves 13 de xaneiro, o CCNOS tiña inscritos 1.524 adultos e  1.272 rapazas e rapaces.

A primeira das probas terá lugar ás 19.00 horas coa categoría Mini, correspondente cos anos 2005-2006 e que percorren unha distancia de 400 metros. As 19.20 horas está prevista a saída da categoría A, que percorren 680 metros, as 19.40 horas será a quenda da categoría B, cunha distancia de 1.400 metros. A cuarta carreira das categorías C e D percorrerán 1.900 metros, e xa por ultimo, as dos adultos, que finalizarán percorrendo unha distancia de 4.100 metros.

As carreiras presentarán a novidade da aportación da empresa Health & Fitness, que exhibirán as súas novas bicicletas elípticas, e que abrirán e pecharán as carreiras que se celebren ao longo do sábado. Agárdase unha masiva participación dunha grande cantidade de atletas que sempre acoden a esta carreira referente espectacular do circuíto polo seu percorrido e nocturnidade.

Os correspondentes cortes de tráfico comezarán ás 18.15 horas na zona de chegada para o montaxe da infraestrutura da carreira e irán aumentando polas zonas anexas ata o corte total do circuíto entorno as 19.00 horas e ata ás 20.30, hora prevista para a finalización de todas as probas.

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova