Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA O V CONCURSO DE CARTEIS ENTROIDO 2011


17/1/2011 Por primeiro ano o Concello pretende evitar a impresión de dípticos das bases do cartel do Entroido e difundilo a través da páxina web e redes sociais

As obras poderán entregarse na Concellería de Cultura ata o 11 de febreiro


A Concellería de Cultura, que dirixe por Nuria Mundiña, presenta o V Concurso de Carteis Entroido 2011, aberto a todas as persoas que o desexen. Cada autor poderá presentar unha obra de tamaño libre no que deberá figurar o seguinte texto: “Entroido 2011, 4-9 de marzo- Concello de Lugo”, e será requisito indispensable que a imaxe corporativa do Concello figure no cartel.

O premio está dotado con 600 euros e o xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio e vinculadas coa tradición do Entroido na cidade.

O prazo de presentación de carteis rematará o 11 de febreiro do 2011, ás 14:30 horas. Todos os participantes poderán entregar a súa obra na Concellería de Cultura, situada na planta baixa da Casa Consistorial na Praza Maior.

As obras deberán presentarse sen nome nin sinatura do autor/autores e baixo un título cun sobre pechado co boletín de inscrición ou os datos persoais. O cartel gañador pasará a ser propiedade do Concello de Lugo.